FESTA DA XUVENTUDE BRION 2022

 


FESTA DA XUVENTUDE BRION 2022

A rapazada do clube de acción xuvenil de Brión acordamos facer esta ano unha festa da xuventude o 

SÁBADO 18 DE XUÑO

na Carballeira de Santa Minia


Mirade se a idea está en pañais que ainda temos o cartaz no forno!


O que si sabemos xa é que como somos poucos e hai moi pouco tempo... imos necesitar xente con ganas de botar unha man!


Súmate! 

esta é unha desas cousas en que un só non pode, pero 1 máis 1 máis 1 máis 1... moven o mundo!

Contacta con nós na Casa da cultura: 981 50 99 08- ext 32 (Dora)

ou en mocidadebrion@gmail.com

CLUBE DE ACCION XUVENIL DE BRION

 



CLUBE DE ACCION XUVENIL 2022

No mes de marzo de 2022 o Concello de Brión pon en marcha o CLUBE DE ACCIÓN XUVENIL, un lugar de encontro, intercambio, propostas, un formigueiro de ideas, proxectos, ilusións.

Quen pode estar no clube

No clube poden participar toda a mocidade de Brión e amizades darredor

Cando nos xuntamos

Estamos quedando cada 15 días, os sábados pola mañá de 11 a 1, aproximadamente

Onde nos vemos

O noso lugar de encontro é o Formigueiro, un local no terceiro andar do Centro Comercial Monte Balado, un lugar por descubrir ao que lle iremos dando forma

Que facemos

Polo de agora ainda estamos empezando, só nos vimos 5 veces, pero neste tempo xa fixemos e acordamos varias cousas:

  • Cea e visionado da película Capitán Fantastic na aula da terra
  • O sobre viaxeiro
  • Acordamos organizar unha festa da xuventude para o 18 de xuño en Brión
  • Acordamos irnos de campa do 26 de agosto ao 4 de setembro
Se ti tamén queres participar no clube só tes que dar os teus datos de contacto e cubrir a ficha de datos: 


+Info: mocidadebrion@gmail.com, tl. 981 50 99 08-ext.32 (Dora)


Folla inscrición: descarga aquí



CAMPAMENTO XUVENIL 2022

 


CAMPAMENTO XUVENIL 2022


As rapazas e rapaces do Clube de acción xuvenil de Brión veñen de decidir as datas para o campamento xuvenil, do 26 de agosto ao 4 de setembro.

Unha vez decididas as datas, só falta saber cantos somos para buscar un albergue onde collamos todas e todos, polo que se abre o prazo de inscrición:

Datas: 26 agosto - 4 setembro

Idades: 13 a 18 anos (cumplidos no 2022, nacemento entre 2004 e 2009)

Inscrición: ata o 20 de maio de 2022

Cota: 150 euros, segunda irmá/n 75 euros

+Info: mocidadebrion@gmail.com, tl. 981 50 99 08-ext.32 (Dora)


Folla inscrición: descargar aquí



VOLUNTARIADO | OMV





O Concello de Brión, no mes de Setembro de 1997, puxo en marcha, xunto cun grupo de concellos da provincia de A Coruña e en colaboración coa Fundación Paideia, un proxecto sobre a Implantación do voluntariado en Concellos rurais ou semiurbanos. Este proxecto plasmouse na creación, ó ano seguinte, da Oficina Municipal de Voluntariado

O obxectivo desta Oficina é o de facilitar e promove-lo voluntariado e a participación activa dos veciños na vida cultural, social, laboral e comunitaria do concello.

Co fin de conquerir este obxectivo, dende o ano 2002 estableceuse unha moi estreita colaboración entre a OMV e as distintas Entidades de Acción Voluntaria de Brión

Estas entidades son as distintas asociacións do concello que, entre os seus programas, contan coa promoción do voluntariado como un xeito de lograr unha cidadanía organizada, participativa, responsable e solidaria que colabore na detección e solución das necesidades do seu Concello.

Na Oficina Municipal de Voluntariado, situada no Centro de Servicios Sociais, e nas sedes das distintas entidades de voluntariado, está a disposición dos voluntarios unha relación das actividades nas que poden colaborar, tendo en conta as súas aptitudes e preferencias.

A OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Promoción do voluntariado buscando as canles axeitadas para favorece-la participación dos veciños na vida social, cultural, laboral, comunitaria do Concello


DESTINATARIOS

Maiores de 16 anos, interesados en colaborar nas distintas actividades de voluntariado que se organizan dende as diferentes entidades de voluntariado de Brión (concello e asociacións)

SERVIZOS

Promoción do voluntariado: sensibilización, información, captación, formación, programación de actividades...

Promoción do asociacionismo

ACTIVIDADES

apoio familiar

voluntariado ambiental

actividades socioculturais

apoio ó asociacionismo

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Luns a Venres
De 9:00 a 14:00 horas

ENTIDADES DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das entidades de voluntariado do Concello de Brión

DESTINATARIOS

Entidades de Voluntariado do Concello de Brión

VOLUNTARIADO | FAITE VOLUNTARIO


Se queres colaborar como voluntario tan só tes que cubrir a seguinte ficha e enviala ó noso correo electrónico
voluntariado@briondixital.org

DOCUMENTACIÓN
lei estatal do voluntariado

OMIX | SERVIZOS

INFORMACIÓN XUVENIL

Información permanente, sobre diversos temas:

Enderezos de interese e directorios de entidades e organismos públicos

Subvencións, lexislación
Educación, formación, emprego

Cultura, actividades culturais de diverso tipo

Certames, convocatorias, concursos, premios

Deporte, tempo libre, viaxes

Boletíns e guías sobre diversos temas de aparición semanal e mensual:

BOLETÍN XOVE de edición mensual da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Con información sobre actividades, bolsas e axudas, cursos, ofertas de emprego, premios e concursos, programas europeos e outros noticias de interese para a mocedade.

BOLETÍN DE INFORMACIÓN SEMANAL da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil. Con información sobre cursos, emprego, oposicións, premios e concursos, voluntariado, bolsas e axudas.

Convocatorias de diverso tipo con prazo de caducidade: actividades, subvencións, bolsas, cursos, xornadas e exposicións, premios e concursos, emprego público.

Programas da D.X.Xuventude: información referente os programas que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude podes solicitar información e nalgúns casos tramitar a través da OMIX, ou directamente acceder na páxina www.xuventude.net

CARNÉ XOVE >30

Podes obte-lo teu carné xove, se tes entre 12 e 30 anos. Para poder facelo só necesitas:

Traer o D.N.I

Pagar a cota de 6 €

Unha vez tramitado, poderalo utilizar en Galicia, nos establecementos e servizos que figuren na Guía Xove Euro < 26 (que se entrega coa tarxeta), e nas demais comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, así coma na maioría dos países europeos. A carné ten unha validez de 2 anos ó cabo dos cales terás que renovalo de novo na OMIX.

Que servizos che ofrece o Carné Xove EURO < 30?

Só por ter o Carné Xove dispós dun seguro de asistencia en viaxes.
Poderás participar en tódolos sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude.
Na páxina web terás acceso a un correo electrónico de balde, á guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.

VOLUNTARIADO

A partir do ano 2008, desde a OMIX tamén se xestiona o programa de voluntariado do Concello de Brión, que se organiza en torno a diversas actividades:
Promoción do voluntariado e captación de persoas voluntarias
Bolsa de voluntarios para colaborar en actividades puntuais

Voluntariado ambiental

Voluntariado de ocio e tempo libre

Servizo de Voluntariado Europeo

FORMACIÓN

Cursos de formación dirixidos a rapaces e mozos, e á poboación xeral, que varían segundo a programación anual

Ofimática

Cociña

Manualidades

Fotografía

Internet

Música dixital

Percusión

Educación ambiental

Primeiros auxilios

Obradoiros varios

Monitor de tempo libre

Director de tempo libre



ACTIVIDADES

Desde a OMIX organízanse diversas actividades dirixidas a rapaces e mozos ó longo do ano:
Obradoiros de Nadal

Campamentos de verán

Escola de verán

ASOCIACIÓNS


Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das asociacións do Concello de Brión

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More